Cursos dispoñíbeis
A manipulación de alimentos pode implicar riscos para a saúde que é
necesario identificar e controlar de maneira axeitada. Para garantir a
seguridade alimentaria é preciso coñecer e aplicar as prácticas de
hixiene e conservación adecuadas, así como cumprir coa normativa legal
vigente. Isto permitirá evitar contaminacións e asegurar a calidade dos
alimentos que se manexan.
A aplicación do sistema APPCC no sector pesqueiro é fundamental para
garantir a seguridade alimentaria e a calidade dos produtos. É necesario
identificar, avaliar e controlar os puntos críticos nos procesos de
captura, manipulación e distribución dos produtos pesqueiros para previr
riscos e asegurar o cumprimento da normativa vigente.
O traballo pode levar consigo riscos para a saúde das persoas traballadoras que é necesario identificar e controlar de maneira axeitada. Para previr calquera dano é preciso detectar e analizar todos os elementos e factores de risco aos que están expostas as persoas na súa actividade laboral. Isto vai permitir decidir cales son as medidas máis axeitadas que podemos aplicar co obxectivo de acadar as mellores condicións de traballo.